Dende NOSO cooperativa impulsamos proxectos dende unha mirada propia, construída a partir da intersección das ciencias sociais, o audiovisual e a arquitectura, coa que formular propostas innovadoras para o desenvolvemento social, cultural e territorial. Baixo este enfoque os nosos traballos encádranse en dúas dimensións interrelacionadas, que son a Cultura e o Territorio.
A cooperativa a fundamos Daniel Añel e Sergio Pereira tras anos de colaboracións en proxectos urbanísticos e de xestión patrimonial, e a concibimos como unha plataforma dende a que ofrecer novos servizos dende o compromiso compartido polo territorio e a cultura.
Enfocamos o traballo dende a riqueza de perspectivas e visións, por eso contamos nos nosos proxectos con colaboradores de perfis diversos: xeógrafos, arqueólogos, deseñadores, ilustradores e videógrafos, entre outros moitos profesionais que nos levan acompañando neste tempo.
Como traballamos
Coñecer para transformar
Partimos dunha análise profunda do contexto de partida sobre a que deseñar proxectos que dean respostas creativas ás necesidades dos clientes e/ou beneficiarios.
Un enfoque plural
Abordamos os traballos buscando integrar unha multiplicidade de perspectivas e miradas coas que enriquecer os proxectos.
Da man dos nosos clientes
Prestamos unha especial dedicación e coidado en cada unha das fases de traballo apostando de forma decidida pola calidade ao longo de todo o proceso.