Xestión do patrimonio cultural

Realizamos proxectos que teñen o patrimonio cultural como eixo sobre o que articular propostas orientadas ao seu aproveitamento social e ao desenvolvemento do territorio, con especial atención á preservación dos valores do lugar e a promoción da calidade de vida da comunidade. Transformamos os bens patrimoniais, susceptibles de selo, en recursos culturais ao servizo da cidadanía.

Ofrecemos un servizo de “patrimonio á carta”: levamos a cabo investigacións históricas e antropolóxicas, identificación de recursos culturais e paisaxísticos, documentación, informes, deseño de estratexias e plans, e accións de posta en valor.

Realizamos traballos para profundar na vinculación entre o patrimonio e a cidadanía, a través de diferentes estratexias e actuacións que respondan ás demandas sociais e contribúan á promoción da diversidade cultural, e á aproximación crítica e reflexiva á realidade.

Elaboramos contidos culturais para páxinas webs, audiovisuais, folletos, exposicións, sinalética, materias didacticos, manuais, informes, etc. Deseñamos e maquetamos os diferentes soportes tanto físicos como dixitais.

Asesoramento e acompañamento de iniciativas locais para a xestión comunitaria e sostible o patrimonio cultural e para o desenvolvemento social e cultural.

Prestamos servicios de ideación, deseño, producción e montaxe de proxectos expostivos, (temporais, permanentes, itinerantes), para todo tipo de entidades e iniciativas e adaptados a diferentes espazos, así como roteiros didácticos e similares.

Redactamos documentos para a conservación e xestión de bens patrimoniais, presentación de candidaturas e recoñecementos en diferentes ámbito.

Levamos a cabo traballos de prospección, controis de obras e de traballos forestais, informes técnicos e de impacto sobre os bens.

Ofrecemos servizos de asesoría e consultaría en materia de patrimonio cultural: lexislación, axudas e subvencións, etc.