A memoria da paisaxe. Un percorrido arqueolóxico polo concello de Xove.

O proxecto nace da necesidade de levar a cabo unha revisión do catálogo arqueolóxico do concello de Xove. Esta revisión buscaba, por unha banda, subsanar os baleiros existentes e corrixir deficiencias e imprecisión na catalogación deses bens, e por outra banda, completar a información sobre cada elemento arqueolóxico co fin dar cumprimento á lexislación urbanística e patrimonial para a elaboración dos catálogos patrimoniais que forman parte dos instrumentos de ordenación e planificación urbana.

Máis aló deste obxectivo inicial, a finalidade última dos traballos de revisión do catálogo foi redactar unha publicación de carácter divulgativo a través da cal dar a coñecer ao conxunto da veciñanza e público interesado, a realidade arqueolóxica do concello de Xove.

O punto de partida para a revisión do catálogo foi un traballo de recoñecemento da realidade arqueolóxica e actualización do inventario de bens a través de diferentes actuacións. Unha primeira fase de consulta de fontes diversas (urbanísticas, arqueolóxicas, cartográficas, fotográficas, etc.), unha segunda fase de campo orientada a contrastación dos datos obtidos e á toma de datos como a localización, o estado de conservación e o rexistro gráfico.

Finalmente se levou a cabo o tratamento dos datos nun software SIX e se procedeu a súa sistematización elaborando o conxunto das fichas de catalogación.

Destes traballos se derivou un informe no que se analizou o estado dos xacementos arqueolóxicos e a súa valoración patrimonial de cara a programar futuras actuacións.

Unha vez rematada esta primeira fase, e a partires do coñecemento xerado, se elaborou unha publicación divulgativa sobre a arqueoloxía de Xove executándose de forma íntegra todos os traballos necesarios para a elaboración da mesma: ideación da narrativa, redacción de textos, documentación fotográfica, ilustracións e deseño e maquetación.

Tanto os contidos do informe arqueolóxico como a publicación foron presentados na Xornada arqueolóxica de Xove que tivo lugar o venres 15 de xullo do 2022.

Cliente

Concello de Xove

Lugar

Xove (Lugo)

Data

2021 - 2022

Servizos

Tags

Web do proxecto