Vídeo divulgativo sobre os muíños de Chandebrito (Nigrán)
Enmarcado no proxecto de recuperación e valorización dos muíños de Rodas na parroquia de Chandebrito, (concello de Nigrán), levado a cabo por Árbore Arqueoloxía scg, producimos en colaboración con A Sombra Producións este documental para dar a coñecer as memorias e vivencias asociadas aos muíños da parroquia.
Para a súa elaboración contouse coa participación de seis veciños da parroquia que tiñan e aínda teñen relación cos muíños aos que se sumaron as voces dos promotores do proxecto. A través das súas testemuñas se narran diferentes aspectos relacionados cos traballos que xiraban en torno a moenda, dende a xestión da auga e os traballos comunitarios ata a produción das diferentes fariñas.
A estrea do documental tivo lugar o 19 de marzo a carón do muíño da Regueira nunha xornada que contou cunha visita guiada ao entorno dos muíños de Chandebrito e un exhibición da moenda.
Cliente
Árbore Arqueoloxía, S.C.G.
Lugar
Parroquia de Chandebrito, concello de Nigrán (Pontevedra)
Data
2022
Servizos
Tags
Web do proxecto