O proxecto naceu do convencemento de que a súa posta en marcha contribuiría a mellorar o coñecemento do pasado da cidade da Coruña e a espertar a conciencia sobre a necesidade de preservar o seu patrimonio urbano.

A Carta Histórica concíbese como unha plataforma dixital de carácter didáctico, mediante a cal poder asomarse á historia da cidade da Coruña a través de diferentes cartografías que, a partires dunha reconstrución precisa e o seu xeoposicionamento, mostran a evolución do asentamento humano dende a prehistoria ata a actualidade.

O traballo parte dun profundo e minucioso traballo de indagación e estudo das fontes bibliográficas sobre os diferentes períodos da historia da cidade, memorias arqueolóxicas e fontes cartografías. Dende esta primeira aproximación seleccionáronse aqueles cortes cronolóxicos representativos de momentos clave na evolución do asentamento humano e da forma urbana co obxectivo de incluílos na carta nunha sucesión secuencial.

Posteriormente se levou a cabo a restitución das cartografías históricas seleccionados mediante a súa dixitalización nun software SIX, buscando a maior precisión posible.

E a reconstrución do planos da cidade, a partires das fontes bibliográficas e arqueolóxicas, dos momentos anteriores á existencia de cartografías da cidade.

Finalmente o tratamento do conxunto das cartografías permitiu a súa simbolización dando unha imaxe homoxénea antes do envorcado á páxina web, onde se acompañaron de pequenos textos que contextualizan os planos.

Cliente

Deputación da Coruña

Lugar

A Coruña

Data

2022

Servizos

Tags

Web do proxecto