Redacción de catálogos de Patrimonio Cultural para instrumentos de planificación urbana.

Redactamos diferentes catálogos de bens do patrimonio cultural e arqueolóxico para incorporar ao planeamento territorial en diferentes concellos: Redondela, Vigo, Gondomar, etc. dando cumprimento a lexislación urbanística e de patrimonio.

 

Para a súa redacción partimos dun exhaustivo estudo de fontes diversas: bibliográficas, cartográficas, toponimia, fotografía aérea histórica, inventarios non oficiais, etc., e contando coa participación cidadá para recoñecer todos aqueles elementos que polos seus valores patrimoniais son susceptibles de incorporarse ao catálogo de elementos a protexer.

Este traballo complétase cunha labor de campo orientada nun dobre sentido, por unha banda, de cara a identificar novos elementos non detectados nas fontes, e por outra banda destinada a recoller a información necesaria para documentar os bens: información relativa a súa identificación, estado de conservación e melloras necesarias, localización, rexistro gráfico pormenorizado, etc.

O conxunto destes traballos sistematízase na elaboración das fichas do catálogo adaptadas ás NNTT de planeamento urbanístico. Finalízase a elaboración do catálogo coa redacción das memorias e a normativa.

Coa finalidade de acadar unha axeitada protección do patrimonio cultural no planeamento máis aló do Catálogo, traballamos da man dos equipos redactores para analizar os posibles impactos da ordenación nos bens culturais, e integrar na mesma un enfoque orientado a súa valorización.

Cliente

varios

Lugar

varios

Data

2020 - 2022

Servizos

Tags

Web do proxecto