Dentro do programa ExportOU que coordina a Confederación Empresarial de Ourense xunto co apoio doutros entes provinciais, creamos un entorno virtual no que varias bodegas da D.O. de Monterrei puideran mostrar as súas instalacións así como os seus productos dun xeito innovador que os axudara na súa comercialización no exterior.

O proxecto consistiu na toma de fotografías panorámicas esféricas terrestres e aéreas, o deseño e maquetación da contorna virtual e o volcado da información que proporcionaran as bodegas para a súa difusión.

De xeito paralelo, producimos un audiovisual para a presentación do proxecto no que participaron tódalas bodegas no que gravamos por partes o proceso completo da creación do viño, dende a viña ata o produto final.