Mesa panorámica no miradoiro de Louredo

A comezos do ano 2024, elaboramos este proxecto para o concello de Carnota co que querían renovar a sinalética presente neste miradoiro. Estaban presentes no ámbito varios carteis en mal estado e con información desactualizada, co que se promoveu a instalación dun novo con valor engadido.

O primeiro traballo levado a cabo foi unha fotografía panorámica de alta resolución dende o propio miradoiro que serviría de base ao panel interpretativo.

Nun segundo momento, para a xeración dos contidos do panel, fíxose un traballo de campo exhaustivo para detectar tódolos elementos do patrimonio natural e cultural, así como outros elementos de interese turístico, que mereceran a súa inclusión.

Dunha selección dos mesmos, realizáronse reportaxes fotográficas así como textos interpretativos que irían volcados na web, xa que ademáis do propio panel físico, a través dun código QR e dun chip NFC, pode navegarse por un miradoiro virtual con moita información engadida.

Por último, produciuse tamén un audiovisual de presentación do miradoiro e do propio proxecto, filmado con medios aéreos.