Perfís do Atlántico
O proxecto nace ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 no contexto de restricións da mobilidade e accesibilidade produto da covid-19. Neste senso a súa finalidade é a de posibilitar o achegamento e coñecemento de catro espazos da xeografía atlántica a través de ferramentas dixitais, e sensibilizar sobre os seus valores paisaxísticos, culturais e naturais. Os puntos escollidos foron o monte Santa Trega (A Guarda) e o monte do Facho (Cangas), na provincia de Pontevedra, e o monte Pindo (Carnota) e a serra da Capelada (Cariño e Cedeira) na provincia da Coruña.
Con esta idea o proxecto concrétase na creación integra de catro entornos virtuais inmersivos a través de fotografías aéreas esféricas 360º, integrando na súa visualización diversas capas de contidos (textuais, cartográficos, fotográficos, infográficos, vídeos…) que permiten unha lectura e interpretación de cada un dos territorios, destacando algúns aspectos, e a súa configuración ao longo do tempo. A organización dos contidos permite unha aproximación ao territorio desde diferentes grados de profundidade adaptándose aos intereses dos usuarios.
No caso do monte de Santa Trega a lectura do territorio centrouse na evolución histórica dos asentamentos humano a través dos vestixios materiais existentes dende a prehistoria recente ata a actualidade, así como diferentes aproveitamento dos recursos ao longo do tempo.
No entorno do monte de Facho, emprazado na bocana norte da Ría de Vigo, os contidos se focalizaron no espazo natural da costa da Vela, nos sistemas de vixilancia e orientación marítima e no excepcional xacemento arqueolóxico do monte do Facho.
No monte Pindo a lectura da paisaxe centrouse nas formas de aproveitamento do mar a través dos vestixios históricos destas actividades presentes ao longo da costa de Carnota
Por último a viaxe pola serra da Capelada permite percorrer a espectacular paisaxe costeira e coñecer o sistema de vixilancia da costa que se levantou a partires do século XVIII
Cliente
Xunta de Galicia. Consellería de Cultura y Turismo
Lugar
Galicia
Data
2021
Servizos
Tags
Web do proxecto