Plan Arqueolóxico Municipal para o concello de Bergondo. PAM
A mellora da protección do conxunto de xacementos arqueolóxicos do concello de Bergondo e o seu aproveitamento social, propiciou a redacción deste Plan Estratéxico co fin de establecer unha serie de directrices e orientacións que buscaban, en primeiro termo, a súa integración e axeitado tratamento no Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello aproveitando a oportunidade que brindaba a súa redacción.
O PAM componse dun documento de análise e diagnose e dun Plan de Acción.
Para a redacción dos documentos partiuse da identificación e caracterización dos xacementos arqueolóxicos coñecidos no termo municipal co fin de avaliar o seu potencial para a súa transformación en recursos culturais para a veciñanza.
Para esta avaliación desenrolouse unha metodoloxía propia de análise, orientada á toma de decisións, na que se estudou por unha banda, a relación e grado de integración do xacemento coa realidade urbanística e territorial no que esta inserido, e, por outra banda, o seu potencial patrimonial. Integrando para elo múltiples perspectivas: patrimonial, arqueolóxica, urbanística e paisaxística. Como resultado deste avaliación redactouse para cada ben unha ficha de análise a modo de diagnose.
A partires da diagnose se redactou un Plan de Acción no que se contemplaron unha serie de actuacións para cada xacemento a medio, curto e longo prazo, e ordenadas segundo o seu grado de prioridade.
Cliente
Concello de Bergondo
Lugar
Bergondo (A Coruña)
Data
2019
Servizos
Tags
Web do proxecto