Roteiros con historia no concello de Redondela

Con este programa de roteiros guiados buscábase dar a coñecer diferentes espazos e recursos culturais, naturais e paisaxísticos do territorio a través do sendeirismo, xuntando deste xeito o turismo cultural e o turismo activo, mediante a divulgación dos valores patrimoniais do concello ao mesmo tempo que se promocionaba unha actividade física saudable.

Nesta primeira edición leváronse a cabo dous roteiros:

  • Ruta arqueolóxica polo Monte Penide/Mirallo, cunha distancia de 10 km percorrendo os principais elementos arqueolóxicos existentes en Monte Penide co obxecto de coñecer os grupos humanos que os produciron
  • Ruta nocturna aos petróglifos de Ventosela, visita ás diferentes estacións de gravados rupestres de A Pedreira na parroquia de San Martiño de Ventosela

 

Cliente

Concello de Redondela. Concellaría de Turismo

Lugar

Redondela (Pontevedra)

Data

2023

Servizos

Tags

Web do proxecto