Storytelling Web

O Museo Massó organizou no 2022 unha exposición temporal chamada “Camiño de papel e de estrelas” no que se utilizaban recursos do museo para trazar un percorrido imaxinario dende Palestina ata Padrón a través de mapas, maquetas, ilustracións…

Exemplo de GIF creado para o Storytelling Web do Museo Massó

NOSO encargouse de facer unha versión virtual a modo de storytelling, na que narrar a historia a través da animación dos obxectos, dun xeito dinámico e atractivo ao que poder acceder dende calquera lugar.

O proceso consistiu en descompor en partes as imaxes dos obxectos do museo para darlles vida e que interactúen entre elas e co espectador, e por outra banda engadíronse pop-us con información engadida sobre elas a modo de cartelas.

 

 

Como remate deste proxecto web, tomamos unha fotografía esférica da área central da exposición física onde se situaba un multimedia que explicaba a navegación tradicional guiada polas estrelas. A partir dela creamos esta micro-visita virtual que quería incitar a visitar presencialmente o museo para coñecer os obxectos e experimentar a interpretación dos astros.