Proxecto para a xeolocalización precisa de todos os xacementos coñecidos das comarcas de O Carballiño e O Ribeiro na provincia de Ourense. Para acadar ese fin partiuse dun traballo previo de estudo de diversas fontes documentais sobre os xacementos arqueolóxicos e do análise territorial mediante o emprego de datos LiDAR.
A continuación levouse a cabo sobre o terreo unha prospección para xeolocalizar os xacementos arqueolóxicos, documentalos graficamente e tomar datos relativos a súa identificación e estado de conservación.
Finalmente procedeuse á sistematización de todos os datos, e o seu envorcado nunha base de datos xeorreferenciada, e a delimitación cartográfica dos xacemento mediante o emprego de ferramentas SIX
Cliente
Lugar
Comarcas do Ribeiro e Carballiño
Data
2019 - 2020
Servizos
Tags
Web do proxecto