Que é este obxecto?
Estes obxectos de luxo, característicos da cultura xermánica, eran empregados como elementos de adorno, denotando o prestixio e o status social dos seus posuidores. O seu uso non era corrente, e estaba limitado ás elites suevas e galaico romanas.
Na cidade de Vigo, no entorno do Areal, onde se emprazaba o asentamento de poboación galaico-romano, foron atopados varios destes colares de ámbar importados do norte de Europa, evidencia das novas modas e gustos existentes entre as elites do Reino de Galicia.
- 1
Obxecto suntuario
- 2
Novas modas e gustos
- 3
Símbolo de status e prestixio