Quen foi Martiño de Dumio?
Coñecido como o apóstolo dos Suevos, foi responsable da conversión destes ao catolicismo dende o arianismo.
Chegado a Gallaecia en torno ao ano 550 dende Panonia, de onde é oriúndo, asentarase en Braga, a capital do reino, e fundará nas proximidades o mosteiro de Dumio que pase a converterse no principal foco de difusión da espiritualidade cristiá. Grazas a súa actividade e á vinculación coa monarquía sueva, o reino de Galicia acadará no seu tempo un gran esplendor cultural e político.
Bispo, teólogo, e figura de gran prestixio intelectual, escribirá diversas obras entre as que destacan “De correctione rusticorum” co fin de evanxelizar aos suevos e eliminar as prácticas e crenzas pagás que persistían entre a poboación galaico-romana, e a “Fomula vitae honestae”, escrita a petición do rei Miro, como unha guía do bo gobernante.
- 1
Bispo de Braga e Dumio coñecido como o apóstolo dos suevos
- 2
Figura esencial no esplendor cultural do Reino Suevo
- 3
Creador de numerosas obras teolóxicas e morais