Que foi a Formula Vitae Honestae?

Trátase dun tratado de ética escrito entre os anos 570 e 583 polo Bispo de Braga e Dumio a petición do rei Miro.

Nel, Martiño de Dumio establece unha guía para o exercicio axeitado do poder a través dun compendio de consellos baseados nun conxunto de virtudes que o monarca debe posuír: prudencia, magnanimidade, continencia, xustiza, fortaleza e temperanza.

  • 1

    Guía do bo gobernante

  • 2

    Tratado de ética xeral

  • 3

    Alianza entre a Igrexa e a monarquía