Quen foi Hidacio?

Hidacio viviu no século V, asistindo ao nacemento do Reino Suevo. Nado na actual Xinzo de Limia foi bispo de Aquae Flaviae (actual Chaves, Portugal) e membro da aristocracia galaico romana. Debido ao seu prestixio foi embaixador e interlocutor entre suevos e as elites galaico-romanas.

Foi o principal cronista da época e grazas a el, xunto a Orosio, Isidoro de Sevilla e Xoán de Biclaro, coñecemos o devir histórico do Reino Suevo de Galicia nos seus primeiros anos relatada na súa obra o Cronicón. A súa morte pon fin a súa crónica dando inicio ao coñecido como Período Escuro do Reino Suevo pola falta de fontes escritas sobre o mesmo.

Durante a súa vida loitou activamente contra o Priscilianismo corrente declarada herética e que mantiña gran implantación na antiga provincia romana de Gallaecia

  • 1

    Bispo de Chaves

  • 2

    Antipriscilianista

  • 3

    Redactor do Cronicón, principal obra sobre o Reino Suevo