Quen foi Miro?

Monarca suevo que reinou entre os anos 570 e 583 sucedendo ao seu pai Teodomiro. Mantivo unha política expansionista e belicosa, centrando os seus ataques no norte da península co fin de conectar territorialmente cos seus aliados francos buscando frear o poder do reino visigodo. Participou activamente nos conflitos internos deste reino apoiando a Hermexildo na guerra civil fronte ao seu pai Leovixildo.

Tivo como mestre a Martiño de Dumio quen lle dedicou varios escritos entre eles a Fórmula Vitae Honesta.

A súa morte ascende ao trono o seu fillo Eborico iniciándose o declive do reino tralo período de apoxeo e fortaleza anterior.

  • 1

    Baixo o seu goberno o reino suevo alcanzou o seu cénit

  • 2

    Tivo como conselleiro a Mariño de Dumio, arcebispo de Braga e metropolitano de Gallaecia.