Quen foi Orosio?
Nado en Braga, viviu a cabalo entre finais do século IV e inicios do V. De orixe galaico-romana viviu a descomposición do Imperio romano e a fundación do Reino Suevo de Galicia.
Erudito, historiador, teólogo e sacerdote, foi unha figura de gran prestixio intelectual e cultural no seu tempo, entaboando contacto con grandes personalidades do momento como Agostiño de Hipona.
Redactou varias obras entre as que destaca a súa “Historia contra os pagáns”, constitúe a primeira gran historia universal romana-cristiá. A través dela refuta que a caída do Imperio romano débase ao abandono do paganismo e adopción do cristianismo. Nesta obra recoñece a chegada dos suevos a Gallaecia como o inicio dunha época positiva, ao contrario de Hidacio que ve a súa chegada como tráxica.
Foi un defensor da ortodoxia cristiá e combateu correntes como o priscilianismo redactando para elo vairas obras de contido teolóxico.
- 1
Historiador, teólogo e sacerdote
- 2
Redactor de obras de gran influencia de carácter histórico e teolóxico