As sedes episcopais
Trala caída de Roma o mundo urbano, onde recaía a administración do Imperio, decae. Serán case exclusivamente as sedes episcopais dende as que se exercía o poder relixioso, as únicas que sobrevivan a este retroceso.
A estrutura organizativa da Igrexa e a rede de cidades episcopais mudará ao longo dos séculos baixo a monarquía sueva, consolidándose unhas sedes e desaparecendo outras en favor de novos centros de poder, todo elo condicionado polo devir e vicisitudes do propio Reino.
Sedes Episcopais presentes en SUEVOS
Nome actual
Braga
Principal capital do reino Suevo e sede episcopal dende antes da súa fundación. Elevada a rango de metropolitana xa a inicios do século V con xurisdicción en todo o noroeste da Península Ibérica. Vivirá periodos de grande esplendor como centro cultural e espiritual do Reino Suevo.
Nome actual
Lugo
A principal cidade do norte de Gallaecia durante o Imperio romano manterá a súa condición urbana durante os tempos do Reino Suevo convertida en capital do norte do Reino xunto con Tude durante a Guerra civil desatada á morte de Requiario.
Cidade episcopal dende antes da fundación do reino, foi elevada a metrópole no ano 569 tendo como sedes dependentes Tui, Iria, Britonia, Ourense e Asturica. Xunto coa outra metrópole, Braga, terá o rango máis elevado dentro da organización xerarquía da Igrexa dentro do Reino Suevo cand este se divida en dúas provincias relixiosas.
Nome actual
Porto
Adquire a dignidade de sede episcopal a partires de século VI, e como tal aparece recollida no Parrochiale suevorum, documento que recolle a organización territorial da Igrexa no territorio galaico.
Na cidade tivo lugar un acontecemento trascendetal no devir do Reino Suevo: trala derrota no ano 456 de Requiario fronte ao godo Teodorico na batallo do río Órbigo, nas proximidades de Astorga, na súa huída refúxiase en Porto ata onde será perseguido para ser executado. Coa súa morte e a imposición dun gobernante por parte dos vencedores os suevos rebélanse e comeza unha guerra civil entre diversas faccións por facerse co poder e control do Reino.
Nome actual
Coimbra
Antiga cidade romana pasou a formar parte do reino Suevo trala súa conquista na segunda metade do século V. Sede episcopal dende antigo, baixo o dominio suevo trasladouse ao veciño encrave de Aeminium que acabaría por adoptar o nome da primeira.
Nome actual
Caldas de Reis
Aquae Celenai ou Aquis Celenis era unha localidade fundada en época romana situada na vía XIX do Itinerario de Antonino, que unia Lucus Augusti con Bracara Augusta.
Foi sede episcopal entre os séculos IV e V xa durante o Reino Suevo estando moi vinculada ao priscilianismo. Perderá esta función en favor de Iria nalgún momento ao longo do século VI.
Nome actual
Mérida
Durante o período de máxima extensión do Reino Suevo a cidade chegou a compartir capitalidade con Braga. Foi sede episcopal e metropolitana da provincia romana de Lusitana.
Nome actual
Iria (Padrón)
Foi sede episcopal baixo o Reino Suevo dende o século VI, dependente da arquidiocese de Braga, ata o traslado da sede a Santiago de Compostela tralo descubrimento do sepulcro do apóstolo Santiago no século IX.
Nome actual
Tui
Sede episcopal dende o século VI, dependente da arquiodiócese de Braga. Terá a cidade unha gran relevancia política no reino suevo xa dende o século anterior cando acollerá xunto con Lugo a capitalidade do norte durante a guerra civil aberta entre as diferentes facciones que se disputaban o poder.