Quen foi Prisciliano?

Nado entre a aristocracia galaico romana no século IV foi fundador e líder do priscilianismo, unha corrente ascética cristiá de gran propagación e implantación en Gallaecia especialmente entre as mulleres e as clases populares.

Foi acusado de herexía pola xerarquía da Igrexa católica e executado en Tréveris no ano 385. Trala súa morte o seu movemento mantivo forza e vixencia en Gallaecia ata entrado o século VI.

  • 1

    Fundador do priscilianismo