Que son as Reliquias?

Os restos físicos ou efectos persoais dun santo ou persoa venerada no seu tempo e gardadas nun relicario para o culto son habituais na relixión católica.

No ámbito do reino Suevo circularon importantes reliquias como a de San Martiño de Tours (Francia) traída por Martiño de Dumio. Pola súa intercesión se conseguiría a curación milagrosa do fillo do monarca Carriarico, enfermo de lepra.