
Quen foi Remismundo?
Rei no norte, con capital en Lugo, entre os anos 457 e 463, e rei de toda Galicia ata o ano 469, tralo fin da guerra civil e reunificación do territorio.
Mantivo unha política de alianzas co reino visigodo de Tolosa (Francia) gobernado á altura por Teodorico II, casou coa súa filla, converténdose en “fillo de armas” do rei godo ata que este foi asasinado, e converteuse ao arianismo, relixión profesada polos visigodos.
Baixo o seu reinado chegou Aiax, misioneiro araiano para converter ás elites suevas.
- 1
Unificador e pacificador do Reino
- 2
Converteuse ao arianismo
- 3
Aliado de Teodorico II

