
Quen foi Requiario?
Terceiro monarca do Reino Suevo. Reinou entre os anos 448 e 456 tras suceder ao seu pai Requila. Foi o primeiro monarca xermánico en adoptar o catolicismo e o primeiro en cuñar moeda co seu nome na ceca de Braga, as siliquas de prata.
Coa súa morte, pondo fin á prestixiosa liñaxe iniciado polo seu avó Hermerico, iníciase unha guerra civil continuada entre dúas faccións suevas por facerse co control do Reino, dando lugar de facto a dúas entidades autónomas, unha no norte con capital en Lugo e despois Tui, e outra no sur con capital en Porto e Braga sucesivamente.
- 1Foi o primer rei xermánico en adoptar o Catolicismo
- 2
Cuñou moeda co seu propio nome
- 3Tamén foi o primeiro rei propiamente galego ao xa nacer no reino.