Que é este obxecto?

Trátase da arca mortuoria de Martiño de Dumio, situada orixinalmente na igrexa de Dumio (Portugal) sede episcopal da que o propio Martiño foi titular.

O frontal do sarcófago está decorado en baixorrelevo. Nel aparece no centro un personaxe aureolado en posición de oficiante situado tras un altar, Martiño de Dumio, e a ambos lados nove figuras humanas representando a súa comunidade monástica.

Este sarcófago é considerado unha das obras escultóricas prerrománicas máis importantes da Península Ibérica.