Que é este obxecto?
A siliqua foi unha moeda de prata propia do Imperio romano. Unha serie delas foran cuñadas na cidade de Braga por orde de Requiario entre os anos 448 e 456, en contra do exclusivo privilexio imperial para facelo, e como demostración de autonomía e poder do Reino.
No anverso aparece retratado o falecido, á altura, primeiro emperador romano de occidente, Honorio, e no seu reverso, a figura dunha cruz coas letras B R (Braga) circunscrita nun loureiro e rodeada pola inscrición “IVSSV RICHIARI REGES”, (cuñada por orde do Rei Requiario).
- 1
Cuñada polo monarca Requiario na ceca de Braga
- 2
Primeira moeda na que aparece nomeado un rei “bárbaro”
- 3
Símbolo de lexitimidade e autoridade do monarca
- 4
Expresión de poder e autonomía do Reino