Quen foi Teodomiro?
Rei suevo entre os anos 559 e 570. Baixo o seu goberno o Reino alcanzou unha grande estabilidade e esplendor. Apoiouse na Igrexa católica, na súa organización territorial e administrativa, para logralo, mandando redactar o Parriochiale suevorum, tamén coñecido como Divisio Theodemiri.
Baixo o seu reinado os suevos convértense ao catolicismo pola acción evanxelizadora de Martiño de Dumio, rexeitando o arianismo que profesaban os seus inimigos visigodos.
Aliado dos francos, fixeron fronte contra o seu inimigo común, o cal baixo o reinado de Leovixildo iniciou unha política de confrontación cos suevos.
- 1
Foi o primer rei xermánico en adoptar o Catolicismo tras Requiario
- 2
Ordeou a redacción do Parriochiale suevorum