Quen foi Teodorico II?
Rei dos visigodos entre os anos 453 e 466, alcanzando o trono tras asasinar ao seu irmán Turismundo.
En loita co Reino Suevo gobernado por Requiario, no ano 456 enfrontan os seus exércitos nas proximidades do río Órbigo, cerca de Astorga, saíndo vitoriosos os visigodos que executarán a Requiario tras perseguilo ata Porto. Coa súa morte iníciase un período de rebelión contra os visigodos, guerra civil e desorde no reino suevo ata a unificación lograda por Remismundo.
Pacificado o reino, alíase con Remismundo converténdoo no seu “fillo de armas”
- 1
Vencedor dos suevos na batalla do río Órbigo
- 2
Executor de Requiario poñendo fin a súa liñaxe