Urbanismo e territorio

Traballamos no análise do territorio como base para unha planificación sostible, e no deseño urbano para a mellora da calidade de vida dos seus habitantes. Abordamos o seu estudo dende unha perspectiva mulitsectorial atendendo a dimensión ambiental, patrimonial e social. Poñemos no centro a participación cidadá para comprender a realidade local e incorporar o seu coñecemento, anhelos e necesidades.

Redactamos instrumentos de ordenación territorial, especialmente os correspondentes ao planeamento derivado e á delimitación de núcleos rurais. Levamos a cabo estudos, informes e trámites urbanísticos de todo tipo.

Realizamos proxectos de arquitectura efémera, reforma e rehabilitación de construcións, en especial as pertencentes ao patrimonio etnográfico, deseño de espazos públicos, sendas e camiños.

Investigación e estudos para a incorporación a perspectiva cidadá nos proxectos de desenvolvemento, planificación territorial e ordenación de recursos.

Realizamos catálogos de elementos do patrimonio cultural e bens arqueolóxicos para instrumentos de planificación e ordenación territorial. Analizamos a súa axeitada integración nestes instrumentos para garantir a súa protección e valorización.

Realizamos deslindes e delimitación da propiedade inmobiliaria para a legalización de lindes, así como a totalidade das xestións catastrais.

Ofrecemos servizos de apoio a empresas do sector urbanístico en consultaría SIX para a resolución de problemáticas xeoespaciais, adaptación á normativa sectorial urbanística ou amosar as capacidades destas ferramentas fundamentais a través de cursos de formación específicos.

Deseño de cartografías temáticas, divulgativas e comerciais adaptadas ás necesidades particulares de cada proxecto así como análise de datos xeoespaciais.