Política de privacidade
1. Información ás persoas usuarias
Quen é o responsable do tratamento dos teus datos persoais?
NOSO Plans e Proxectos S.Coop.Galega é a RESPONSABLE do tratamento dos datos persoais da USUARIA/O e infórmao de que estes datos serán tratados de conformidade co disposto no Regulamento (UE) 2016/679, do 27 de abril (GDPR), e a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro (LOPDGDD).
Para que tratamos os teus datos persoais?
Para manter unha relación comercial co usuario. As operacións previstas para realizar o tratamento son:
- Remisión de comunicacións comerciais publicitarias por correo electrónico, redes sociais ou calquera outro medio electrónico ou físico, presente ou futuro, que posibilite realizar comunicacións comerciais. Estas comunicacións serán realizadas polo RESPONSABLE e relacionadas sobre os seus produtos e servizos, ou dos seus colaboradores ou provedores cos que este alcanzase algún acordo de promoción. Neste caso, os terceiros nunca terán acceso aos datos persoais.
- Realizar estudos de mercado e análises estatísticas.
- Tramitar encargos, solicitudes, dar resposta ás consultas ou calquera tipo de petición que sexa realizada polo USUARIO a través de calquera das formas de contacto que se poñen á súa disposición na páxina web do RESPONSABLE.
- Remitir o boletín informativo en liña, sobre novidades, ofertas e promocións na nosa actividade.
Por que motivo podemos tratar os teus datos persoais?
Porque o tratamento está lexitimado polo artigo 6 do GDPR da seguinte forma:
- Co consentimento da USUARIA/O: remisión de comunicacións comerciais e do boletín informativo.
- Por interese lexítimo da RESPONSABLE: realizar estudos de mercado, análises estatísticas, etc. e tramitar encargos, solicitudes, etc. a petición do USUARIO.
Durante canto tempo gardaremos os teus datos persoais?
Non se conservarán durante máis tempo do necesario para manter o fin do tratamento ou existan prescricións legais que ditaminen a súa custodia e cando xa non sexa necesario para iso, suprimiranse con medidas de seguridade axeitadas para garantir a pseudonimización dos datos ou a destrución total destes.
A quen facilitamos os teus datos persoais?
Non está prevista ningunha comunicación de datos persoais a terceiros, agás se fose necesario para o desenvolvemento e execución das finalidades do tratamento, aos nosos rovedores de servizos relacionados con comunicacións, cos cales a RESPONSABLE ten subscritos os contratos de confidencialidade e de encargado de tratamento esixidos pola normativa vixente de privacidade.
Cales son os teus dereitos?
Os dereitos que asisten ao USUARIO son:
- Dereito a retirar o consentimento en calquera momento.
- Dereito de acceso, rectificación, portabilidade e supresión dos seus datos e á limitación ou oposición ao seu tratamento.
- Dereito a presentar unha reclamación ante a autoridade de control (www.aepd.es) se considera que o tratamento non se axusta á normativa vixente.
Datos de contacto para exercer os seus dereitos:
- NOSO Plans e Proxectos S.Coop.Galega
- NIF: F42789545
- Domicilio: Rúa Marqués de Valladares no 14 3o Oficina 7 – 36201 Vigo – Pontevedra
- Correo electrónico: ola@nosocoop.com
- Sitio web: nosocoop.com
2. Carácter obrigatorio ou facultativo da información facilitada pola persoa usuaria
AS USUARIAS/OS, mediante a marcación das casas correspondentes e a entrada de datos nos campos, marcados cun asterisco (*) no formulario de contacto ou presentados en formularios de descarga, aceptan expresamente e de forma libre e inequívoca, que os seus datos son necesarios para atender a súa petición, por parte do prestador, sendo voluntaria a inclusión de datos nos campos restantes. A USUARIA/O garante que os datos persoais facilitados á RESPONSABLE son veraces e se fai responsable de comunicar calquera modificación destes.
A RESPONSABLE informa de que todos os datos solicitados a través do sitio web son obrigatorios, xa que son necesarios para a prestación dun servizo óptimo ao USUARIO. No caso de que non sexan facilitados todos os datos, non se garante que a información e servizos facilitados sexan completamente axustados ás súas necesidades.
3. Medidas de seguridade
Que de conformidade co disposto nas normativas vixentes en protección de datos persoais, a RESPONSABLE está a cumprir con todas as disposicións das normativas GDPR para o tratamento dos datos persoais da súa responsabilidade, e manifestamente cos principios descritos no artigo 5 do GDPR, polos que son tratados de maneira lícita, leal e transparente en relación co interesado e axeitados, pertinentes e limitados ao necesario en relación cos fins para os que
son tratados.
A RESPONSABLE garante que aplicou políticas técnicas e organizativas apropiadas para aplicar as medidas de seguridade que establecen o GDPR e a LOPDGDD co fin de protexer os dereitos e liberdades dos USUARIOS e lles comunicou a información axeitada para que poidan exercelos.
Para máis información sobre as garantías de privacidade, podes dirixirte á RESPONSABLE cos seguintes datos de contacto: NOSO Plans e Proxectos S.Coop.Galega, Rúa Marqués de Valladares no 14 3o Oficina 7 – 36201 Vigo – Pontevedra. Correo electrónico: ola@nosocoop.com